Centos de feis acudiron no día de onte á igrexa de Santa María para rendirlle culto á Virxa da Soidade
Xesús Codesido: "A pesares da decepción hai que estar contentos pola choiva tan necesaria"
Centos de fieis acudiron no día de onte á igrexa de Santa María de Ordes para rendirlle culto á Virxen da Soidade. As caras de decepción dos cofrades xa se advertían dende media tarde cando se confirmaba que as prediccións meteorolóxicas farían imposible o percorrido marcado. Neste sentido todos os presentes atoparon alento e apoio nas palabras do párroco da vila, Xesús Codesido, quen asegurou “que a pesar da decepción hai que estar contentos xa que dada a seca que padece Galicia a choiva é moi necesaria polo que hai que velo como unha bendición”.
O acto litúrxico, que deu comenzo puntualmente ás 21.30 horas, estivo amenizado polo coro parroquial quen dedicou a súa actuación á Virxe, e pola Banda de Música de Ordes. Entre os asistentes se encontraba o alcalde Manuel Regos, varios membros do seu Goberno municipal, así como outros concelleiros da corporación municipal.
Rendirlle honores
O maxistrado xuiz do xuzgado de 1ª instancia e instrucción nº 2 de Ordes e xuiz decano, Xosé Manuel Pérez Magide, membros do Corpo de Municipal de Bombeiros, de Protección Civil, así como da Garda Civil e Policía Municipal tamén estiveron presentes para rendirlle honores á sagrada imaxe.
*