miércoles, 11 de abril de 2012

Ordes recibiu a visita de Neira Vilas

O autor pontevedrés asinou exemplares das súas obras ao ordenses. 

O prestixioso autor ofreceu unha charla na Casa da Cultura co gallo do 50 aniversario de Memorias dun negro labrego

Ordes recibiu hoxe a visita dun dos grandes escritores galegos de todos os tempos, Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928). O autor de Memorias dun neno labrego (Edicións do Castro, 1961) ofreceu unha charla co gallo do 50 aniversario da súa publicación nun abarrotado auditorio da Casa da Cultura

Máis de 200 estudantes déronse cita para escoitar de boca do autor aspectos da súa obra e anécdotas relacionadas coa súa vida, tanto en Galicia como no exilio. Da man de Neira Vilas todos os presentes tiveron a oportunidade de pasear por países como Cuba ou cidades como Bos Aires durante os anos da posguerra.

Preguntas ao autor
Integrantes do grupo de expresión teatral do IES Maruxa Mallo fixeron un recitado coral do primeiro capítulo de Memorias dun neno labrego, o que lles supuso tanto o agradecemento como o recoñecemento por parte do autor. Moitos dos asistentes non quixeron perder a oportunidade de formularlle preguntas de diversa índole que foron  respostadas amplamente por él mesmo, ademáis de entregarlle exemplares da súa obra para que llos asinara e dedicara.

Radio Ordes emitirá en diferido a charla o próximo martes, 17 de abril a  partir das 17:00 horas. 

*