lunes, 9 de abril de 2012

As actividades de conciliación despídense ata o verán

Nenos e nenas ordenses durante os obradoiros de manualidades e pintura celebrados durante a Semana Santa. 

Coa volta dos rapaces á escola rematan unhas xornadas dedicadas á primaveira e a natureza 

As actividades de conciliación de Semana Santa organizadas polo Concello de Ordes chegan hoxe o seu fin. Dende a pasada semana, nenos e nenas do municipio disfrutaron cos obradoiros de manualidades, pintura, e todo tipo de xogos e entretementos. Nesta ocasión o tema central das xornadas foi a primaveira e a natureza, polo que todos eles poideron aprender multitude de curiosidades referentes a esta época do ano. 

*