Co gallo do Día Internacional da
Danza, leuse un manifesto no que se exaltaba a importancia do baile como
elemento comunicador e de linguaxe universal
Co gallo do Día Internacional da Danza onte pola tarde o Campo da Feira de Ordes convirtiuse nunha pista de baile. Concretamente foi nas inmediacións do Museo do Traxe Juanjo
Linares onde o grupo Sementes da Arte e o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes
levarón a cabo un ensaio ó aire libre.
A Xota de Ordes, a Muiñeira de Ordes, a Muiñeira de Xanceda, a Danza do ramo ou a Danza de Santa María foron tan só algunhas das pezas que
interpretaron. Algunhas delas levan no repertorio desta agrupación dende que
fora constituida polo coreógrafo e bailarín que lle da nome ó museo.
Manifesto
Pola súa
banda tres dos integrantes de Sementes da arte leron un manifesto sobre a danza
distribuido pola Federación Española de Agrupacións de Folclore. Un texto
asinado polo coreógrafo Akram Khan e por Alkis Raftis, presidente do
Consello Internacional da Danza . Nel se exalta a importancia da danza como elemento comunicador e de
linguaxe universal, así coma a súa capacidade de transformación e de unión.
*