Castro: "A
ausencia desta previsión foi confirmada polo Goberno Municipal no Pleno"
O portavoz municipal do BNG, Gonzalo
Castro, criticou onte ao alcalde de Ordes “pola súa improvisación, unha vez máis, na previsión dos gastos que
asume o Concello de Ordes”.
Castro
confirmou que “o alcalde e o seu goberno non fixeron un
orzamento dos gastos asociados á organización de Expo Ordes e da Festa do
Champiñón, o que constitue unha auténtica irresponsabilidade e a mostra
evidente de que Ordes segue a estar presidido polo goberno do caos e a
improvisación”.
O
portavoz nacionalista, lembrou que “a ausencia dunha previsión dos gastos que
vai realizar o Concello de Ordes nesta edición de Expo Ordes e da Festa do
Champiñón, foi confirmada polo propio goberno municipal, en resposta a unha
iniciativa do BNG na que solicitamos que se informase ao pleno do orzamento e
da previsión de gastos destes eventos”.
Gonzalo
Castro criticou duramente “a cerrazón dun alcalde que non pensa
rectificar nin un ápice na súa xestión irresponsábel e caótica, cun goberno
municipal no que nin hai previsión de gastos nin a mínima responsabilidade e
dilixencia que debe ter quen xestiona diñeiro público”.
Castro
afirmou que “os eventos importantes para Ordes hai que
realizalos, pero constitue unha mostra de desgoberno e irresponsabilidade non
facer nin a máis mínima previsión de gasto para os mesmos, porque os recursos
públicos non son ilimitados”.
Gonzalo Castro Prado. |
Informe
da Intervención Municipal
O
portavoz nacionalista lembrou a “existencia dun informe da intervención
municipal, elaborado esta semana, no que alerta de que durante o ano 2011 houbo
1,1 millóns de euros de gastos xenerados sen contabilizar nos Orzamentos
Municipais, e que esta falta de previsión está levando a Ordes ao colapso
económico, pero parece que ao alcalde danlle igual estas advertencias, como o
demostra a súa falta de previsión de gastos para os eventos organizados polo
Concello”.
Gonzalo
Castro afirmou que “o peor é que o alcalde, coa súa
improvisación, demostra que pretende seguir agravando a situación duns veciños
que, por culpa da súa nefasta xestión económica, van sufrir durante os próximos dez anos un recorte de 400.000 euros anuais en servizos públicos e unha suba de
impostos de trescentos euros anuais por familia media”.
*