En Ordes se recolleron máis de 500 quilos de plástico. |
O Concello de Ordes ven de enviar o
último lote de tapóns de plástico para as campañas solidarias 'Una sonrisa para
Aitana' e 'Para que Lola alcance ella solita su caramelo'. En total foron 350
quilos os que os veciños e veciñas do municipio foron depositando nestes
últimos meses no punto de recollida instalado na primeira planta da nova Casa
Consistorial.
Tendo en conta os máis de 500 quilos que ata o momento se enviaron ó
longo dos últimos meses o Concello achégase a tonelada de tapóns recollidos,
procedentes e envases, botellas, tetra bricks, etc. Por todo elo Manuel Regos,
alcalde de Ordes, amosou a súa “satisfacción” pola xenerosidade e esforzo
mostrado “o cal di moito da calidade humana da xente deste municipio”, asegurou
.
Aitana é unha nena de 9 anos de Tarazona (Zaragoza), que naceu cunha
cardiopatía conxénita, atresia pulmonar sin tronco pulmonar con
colaterales.civ, comunicación interventricular e fisura palatina. A solución
para a que buscan agora a axuda económica é unha operación, consistente na
reconstrucción do tronco pulmonar que se realizará no Children´s Hospital de
Boston.
Para máis información acerca desta campaña que leva a cabo a familia da
pequena pódese consultar a web www.unasonrisaparaaitana.org ou contactar a través do mail luisgarciagarcia@live.com .
Lola
O caso de Lola é o dunha pequena rapaza coruñesa de tres anos que
presenta unha parálise cerebral, ademáis dunha artrofia cerebral hipoplasia do
corpo calloso con ausencia de xiro de cíngulo. Está previsto que Lola se someta
a un tratamento en Palencia denominado Therasuit, o cal lle axudará a manter
erguidos o seu corpo e cabeza.
Un tratamento moi costoso ó que os seus pais non
poden facer frente e que non cubre a Seguridade Social. No caso de que alguén queira facer unha
doazón económica dispoñen do número de conta 2080 0036 66 3000073012 de Novagalicia
Banco.
*