viernes, 20 de abril de 2012

A biblioteca municipal de Ordes celebrará o Día do Libro repartindo libros


A biblioteca municipal de Ordes está ubicada nos baixos da Alameda.

Unha mostra sobre biografías achegará este xénero e dará a coñecer os máis de 850 títulos dos que dispón o centro

A biblioteca municipal de Ordes celebrará o vindeiro luns o Día do Libro cunha xornada de portas abertas na que agasallarán a todos os visitantes con libros. Entre eles haberá, entre outros, exemplares de novela, teatro, poesía e conto.  

Co gallo da mesma celebración tamén se están a expoñer exemplares dos centos de biografías que alberga a biblioteca. Un expositor especialmente instalado para a ocasión na entrada do local exhibe unha pequena mostra dos máis de 850 libros que posee o centro e nos que se narran a vida de perxonaxes históricos e contemporáneos que destacaron pola súa labor en eidos como os da política, deportes ou cultura en calquera das súas disciplinas. 

Por outra banda, os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos xa poden entregar os seus debuxos para participar no sorteo de varios lotes de contos, libros e outros regalos que se realizará co gallo do Día das Letras Galegas o próximo 17 de maio. A temática escollida este ano foi Galicia, e todas as obras presentadas exhibiranse nas instalacións da biblioteca durante as vindeiras semanas para o disfrute de todos.

Lendo, compartimos
Tras un mes dende a súa posta en marcha a campaña Lendo, compartimos está a ser un éxito. Organizada polo persoal da biblioteca de Ordes ésta consiste no préstamo gratuito de todo tipo de libros entre os usuarios e usuarias. Para elo os traballadores encárganse de recoller, catalogar e facer as xestións pertinentes para o seu préstamos e posterior devolución. O número total de obras depositadas para esta iniciativa pódense contabilizar por centos e entre eles figuran obras de todos os xéneros, estilos e temáticas. 

*