Con esta medida
preténdese favorecer a implantación de naves industriais nesta área
Se adianta a celebración do pleno por mor da inauguración da segunda fase da ronda leste
A corporación
municipal de Concello de Ordes celebrará o vindeiro xoves ás 14:00 horas a sesión
plenaria ordinaria correspondente ao mes de abril. Con motivo da inauguración
da segunda fase da rolda leste, que terá lugar este mesmo día ás 20:00 horas, o
horario desta sesión tivo que ser modificado, polo que non se poderá realizar
pola tarde tal e como ven sendo habitual.
Entre os puntos máis importantes destaca a
modificación puntual do plan do plan parcial do parque empresarial de Merelle.
Deste xeito preténdese favorecer e axilizar a implantación de novas empresas
nesta área industrial. Outro aspecto destacado é o cuarto punto da orde do día,
o cal aborda a creación e delegación da xestión e administración da sede
electrónica do Concello. Un requisito indispensable
de cara á tramitación on line de trámites coa Deputación da Coruña por parte
dos funcionarios municipais.
*