O alcalde de Lousame e deputado provincial, Santiago Freire Abeijón, corta a cinta inaugural de Expo Ordes 2012 en presenza do alcalde de Ordes, Manuel Regos. |
Mañá celebrarase a Festa do Champiñón cun reparto gratuíto de máis de seis mil quilos do fungo
Manuel Regos: "Este ano esperamos superar os 30.000 visitantes na feira"
Expo Ordes 2012
quedou onte á noite oficialmente inaugurada coa visita de Santiago Freire
Abeijón, alcalde de Lousame e diputado provincial responsable da área de Promoción
Económica da Deputación da Coruña. Tras o corte da cita inaugural, o anfitrión,
Manuel Regos, convidou a todos os presentes a coñecer o interior dunha feira
multisectorial que na súa 23º edición conta com mais de sesenta expositores
entre empresas, firmas comerciais, institucións públicas e asociacións.
Esta primeira xornada estivo adicada
a todos os empresarios, emprendedores e autónomos do Concello de Ordes. Santiago
Freire manifestou a súa satisfacción por atoparse “cun evento de tal magnitude
e calidade”. Pola súa banda, Manuel Regos agradeceu a colaboración prestada
pola Deputación da Coruña e solicitoulle todo o apoio posible “para que a
seguinte edición deste evento poida ser unha realidade”. O alcalde apostou por
Expo Ordes como “un bo xeito de facer negocio e para ver aumentado o consumo
dentro do municipio, e non só nos establecementos hosteleiros”, asegurou.
Podes ver o vídeo do acto inaugural facendo clic baixo estas liñas:
Campo da Feira
Dende hoxe sábado e ata mañá, a cita
desenvolverase no Campo da Feira, onde se habilitaron máis de 1.800 metros cadrados
cubertos por carpas. Sectores como os da alimentación, automoción,
construcción, náutica, moble, medioambiental, deportivo, mecánica ou textil
estarán presentes un ano máis nesta cita que cada ano ve aumentar non só o
número de participantes senón tamén os de visitantes. “As cifras de Expo Ordes
poñen de manifesto a saúde coa que conta a feira. O ano pasado contabilizáronse
máis de 30.000 visitantes, unha cantidade que esperamos superar nesta nova
edición”, manifestou Manuel Regos.
A xornada de hoxe sábado prestará
especial atención á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e á diversidade
funcional. Un total de dez asociacións e organizacións estarán presentes no
recinto para amosarlle ao público todas as actividades e traballos que levan a
cabo en favor dos seus socios e usuarios.
Xornadas da discapacidade
Hoxe tamén, o Museo do Traxe Juanjo
Linares acollerá a terceira edición das xornadas ‘A discapacidade hoxe’. Un
ciclo de conferencias relativas a problemáticas de índole cognitiva, física ou
intelectual que contará con representantes e dirixentes das principais
asociacións e organizacións de discapacitados.
Festa do Champiñón
Mañá domingo 29 será tamén o día da
Festa do Champiñón. Un total de 6.000 quilos repartiranse entre bares e restaurantes
para que, unha vez preparados de distinto xeito, poidan ser servidos
gratuitamente polos establecementos de hostelería de Ordes con cada
consumición.
Por último, a música non podería faltar nesta cita
festiva. O grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes e a Charanga Ruada serán os
responsables de amenizar esta important efin de semana no calendario ordense.
*