sábado, 21 de abril de 2012

Castro: "O alcalde e máis o PP retrasan deliberadamente o PXOM de Ordes"


O portavoz municipal do BNG de Ordes acusa á Xunta de Galicia e ao Concello de non querer asumir as decisión importantes "e moitas veces impopulares" que conleva aprobar o PXOM

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou hoxe ao alcalde de Ordes e ao goberno da Xunta de Galicia de “retrasar deliberadamente e por intereses partidistas a tramitación do PXOM, como o demostra a ausencia de colaboración entre o goberno municipal e o goberno da Xunta na tramitación do PXOM de Ordes”

O portavoz dos nacionalistas puxo como exemplo desta falta de colaboración que “o goberno municipal acaba de remitir á Xunta un documento de PXOM incompleto e con deficiencias, de forma deliberada, xa que non se incluiron as modificacións incluidas nos últimos anos polas concentracións parcelarias de Ordes, para o que sería necesaria a colaboración institucional entre o goberno municipal e o goberno da Xunta, algo que non se produciu porque nin ao alcalde nin ao PP lles interesa acelerar a tramitación do PXOM, antepoñendo os seus intereses partidistas aos intereses dos veciños de Ordes”.

"Mareando a perdíz"
Castro informou de que “o goberno municipal e o goberno da Xunta están mareando a perdíz e pasándose a pelota uns aos outros para evitar que o PXOM sexa unha realidade neste mandato, como o demostra o feito de que o goberno da Xunta, en lugar de intentar realizar actuacións conxuntas co goberno de Ordes para resolver as deficiencias do avance do PXOM remitido polo goberno municipal, en materias da súa competencia, como a nova delimitación nacida das parcelarias, simplemente ten devolto o documento ao Concello, sen máis explicacións”.

Esta situación, segundo o portavoz nacionalista, “ten provocado que, unha vez máis, a tramitación do PXOM se atope paralizada, debido á actitude de ambos gobernos, o municipal e o da Xunta”

O portavoz do BNG salientou que “o alcalde e o PP o único que están a facer é engañar aos veciños e veciñas de Ordes, retrasando deliberadamente a tramitación do PXOM, porque nin o goberno municipal nin o goberno da Xunta queren asumir as decisións importantes, e moitas veces impopulares, que conleva aprobar un PXOM”.

Gonzalo Castro acusou de ao alcalde e ao PP de “irresponsabilidade política, por retrasar por intereses partidistas a tramitación do PXOM, hipotecando o futuro do pobo de Ordes, como levan feito durante máis de vinte anos”.

Gonzalo Castro Prado.
Suxestións dos veciños
Gonzalo Castro tamén acusou ao alcalde de “non ter dado resposta ás numerosas suxestións presentadas polos veciños de Ordes ao avance do PXOM, mermando a participación da veciñanza nun instrumento moi importante para o desenvolvemento non só urbanístico, senon incluso socioeconómico do concello de Ordes”.

Segundo Castro, “esta actitude do alcalde é intolerábel, e só obedece ao afán do alcalde por evitar a participación dos veciños nun instrumento tan importante como o PXOM”

O portavoz municipal do BNG anunciou que “o BNG informará aos veciños do contido do PXOM e defenderá a aprobación dun PXOM que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes".

*