A cargo do grupo Polo correo do vento
A biblioteca municipal de Ordes
acollerá o póximo venres a partir das 18:30 horas unha nova entrega das súas
Tardes de contos e lendas. Nesta ocasión o grupo Polo correo do vento ofrecerá
o relato Carola, a carteira centola’. Non será a única actividade que teña lugar
xa que posteriormente haberá un obradoiro onde os rapaces e rapazas poderán
participar en disversas actividades plásticas.
As Tardes de contos e lendas é unha lúdica e didáctica especialmente
orientada a nenos e nenas entre 3 e 8 anos de idade. Ademáis, tamén poden estar
acompañados e interactuar cos seus pais, nais ou coidadores.
*