Contedor de reciclaxe de aceite usado no Campo da Feira de Ordes. |
A medida resultará máis hixiénica evitando derramamentos na vía pública
O Concello de Ordes procederá en
breve a cambiar o sistema de recollida dos contedores de reciclaxe de aceite
doméstico usado. O novo sistema permitirá a todos os usuarios e usuarias
depositar o aceite sobrante en botellas ou garrafas de plástico de ata cinco litros .
A nova medida non só resulta máis cómoda senón tamén máis hixiénica ao
non ter que verter directamente o aceite no contedor, xa que tiña o inconvinte
dos derramamentos na vía pública. Dunha medida coa que o Concello de Ordes
espera poder aumentar o total de litros reciclados.
Recollida na porta
Esta iniciativa, unida á
que hai poucos meses se puxo a disposición dos negocios hosteleiros e que lles
permite dispoñer dun servicio de recollida á porta, demostran o interés que o
Concello de Ordes ten pola preservación do medio ambiente. Y e que cada litro
de aceite debidamente tratado tras o seu uso pode evitar a contaminación de ata
5.000 litros de auga.
*