domingo, 1 de abril de 2012

Nova máxica 'tarde de contos e lendas' na biblioteca de Ordes

Decenas de rapaces disfrutaron das narracións da compañía Eduvía


As máxicas Tardes de contos e lendas volveron a atraer a atención dun numeroso público ata a biblioteca municipal de Ordes na tarde do pasado venres. Decenas de rapaces de entre tres e oito anos disfrutaron coa narración de 'Contos de cores' por membros da compañía Eduvía.

Tardes de contos e lendas é unha iniciativa do Concello de Ordes que pretende fomentar o hábito á lectura entre os máis novos e divulgar as actividades da biblioteca municipal de Ordes. 

*