viernes, 20 de abril de 2012

Mesón do Vento dinamizará a Feira da Adina con xornadas de productos galegos

Mercado gandeiro, exhibicións, gastronomía e baile danse cita nesta convocatoria o 5 de maio

O vindeiro sábado 5 de maio Mesón do Vento acollerá a Feira da Adina. Unha cita festiva pero tamén empresarial xa que se presenta como un dos puntos de compra e venda de gando máis destacado de toda a provincia para esa fin de semana. O mercado de gando abrirá as súas portas dende primeira hora con exemplares de raza vacuna, equina e porcina, ademáis de contar con outro tipo de postos como os textís ou os de alimentación, etc. Deste xeito, e en colaboración co Concello de Ordes, un grupo de empresarios da zona pretende dinamizar e dar pulo a esta cita que conta xa con máis de cen anos de antigüedade e que se ven celebrando todos os sábados víspera do primeiro e terceiro domingo de cada mes.

No programa previsto para esta ocasión figura tamén unha exhibición cabalar que dará comenzo a partir das 10 horas, e na que competirán algúns dos exemplares máis laureados da contorna.  A partir das 13.30 horas haberá unha sesión vermú que animará a todos os presentes, que tamén poderán disfrutar dun menú especial que para ese día elaborarán os restaurantes e establecementos hosteleiros da zona. Xa pola tarde, concretamente a partir das 16.30 horas, terá lugar unha ruta cabalar que percorrerá arredor de 20 km de traxecto a través dos montes e sendeiros da zona. 

Deste xeito todos os que participen nesta actividade poderán disfrutar da natureza, da paisaxe e do relax que ofrece Mesón do Vento tanto para os seus veciños coma para os visitantes. Para os que todavía teñan forzas, o  restaurante Avelino celebrará unha cea especial aberta a todo o público nun dos seus amplos salóns. A cita estará amenizada por un grupo musical  que sen dúbida levantará a todos dos seus asentos para bailar e divertirse ata altas horas da madrugada.

A diferencia de outras citas similares a Feira da Adina ofrece a ventaxa de que todos os que queiran vir para dar a coñecer os seus productos e instalar un posto pódeno facer de xeito totalmente gratuito. Os organizadores pretende que tras esta primeira convocatoria se sucedan outras con carácter mensual e con carácter temático, atendendo dun xeito especial en cada ocasión aos productos  propios do país. 

O concelleiro Luis Gómez Candal.
A frase de Luis Gómez Candal, concelleiro de Turismo de Ordes 
“Dende o Concello pretendemos facer todo o posible para que continúe no tempo esta cita con tanta tradición no Concello. Queremos que non só se manteña senón que medre, xa que este tipo de mercados nos parecen importantes para poder seguir a diante coa producción de certos productos que se realizan e levan a cabo no eido rural"

"É un bo xeito de contribuir a perpetuar o noso campo e o noso gando, ademáis de ser un estímulo para a economía da zona e da actividade hosteleira”

*