viernes, 5 de julio de 2013

Rematou o curso de graduado na ESO para adultos de Ordes


Participaron a tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura de Ordes

Alumnos e alumnas do Curso de Graduado en ESO para Adultos recibiron onte de mans da tenente de alcalde e do concelleiro de Cultura, Silvia Marín e Ramón Vázquez Raña, os diplomas e as súas calificacións de fin de curso. 

Unha iniciativa na que dende hai varios anos ven colaborando o Concello de Ordes de xeito ininterrumpido.

Parabéns

Silvia Marín e Ramón Vázquez felicitaron ao grupo de alumnos e ás docentes encargadas de impartir o curso. 

Marín tamén lle transmitiu o seu apoio a todos os que todavía teñen que superar algún examen “para que sexa con gañas e sabendo que cada vez queda menos para acadar un título que hoxe máis ca nunca é necesario para poder formar parte dun mercado laboral que esixe formación e cualificación”. 

*