miércoles, 17 de julio de 2013

Os veciños de Ordes dan exemplo na reciclaxe de aceite usado

Contedor de aceite usado no Campo da feira da vila de Ordes.

As boas prácticas dos ordenses evitou a contaminación de catro millóns de litros de auga durante 2012

Un total de 3.545 litros de aceite doméstico usado é a cantidade que os habitantes do termo municipal de Ordes levan reciclado ao longo do pasado ano. Unha cantidade que foi depositada nos preto de dez  contedores especiais que están espallados en diversos puntos da vila de Ordes e do Mesón do Vento.

Por zonas sobresaen os contadores situados na avenida de Alfonso Senra, con 620 litros recollidos ao longo do ano. A continuación están a rúa Campeiras, con 470 litros, a rúa da Feira, con 395 litros, a rúa Mundito, con 360 litros, ou a rúa Galicia, con case 300 litros. 

Polo contrario, no Mesón do Vento é onde se rexistran as cifras máis baixas, con 170 litros en total.

Esta boa práctica levada a cabo polos ordenses ten evitado que se contaminase un total de 3.899.600 litros de auga durante o pasado ano. 

*