miércoles, 17 de julio de 2013

Leira acollerá o domingo 21 o encontro anual de grupos de danzas rexionais

Momento da celebración de danzas rexionais de Leira na pasada edición 2012.

Participarán catro formacións folclóricas de diversos lugares de Galicia

O vindeiro domingo 21 de xullo o Campo da Festa da parroquia de Leira acollerá o XXI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais

Nesta edición o programa arranca ás 18:00 horas coa presentación do festival. O elenco de participantes compóñeno: A.C.D Airiños da Lanzada (Pontevedra), A.C Melos O´Grove (Pontevedra), S.C. Airiños do Carrís (Cerdido), Dorna Escola de Baile e Gaita (Dorneda - Oleiros). Todos eles interpretarán e bailarán diversas pezas en directo das que se poderán disfrutar de balde.

O XXI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais está organizado polo Grupo AA.CC Veciños de Leira e conta coa colaboración do Concello de Ordes e da Deputación da Coruña.

*