A rúa Campomaior vista dende o Campo da feira de Ordes. |
Aseguran que a vía colápsase en horas punta coa entrada e saídas das escolas
Pablo Vidal: "A solución a esta problemática pasaría por eliminar a zona de estacionamento nunha das beiras"
O edil do BNG de Ordes Pablo Vidal vai defender no vindeiro pleno da Corporación do Concello
de Ordes unha moción, na que solicitará que o estacionamento de vehículos da
rúa Campomaior sexa nunha soa beira.
Debido ás características da vía, con dous carrís, cunha forte pendente e bastante xustos en anchura, os vehículos que circulan vense en moitos casos obrigados a chegar a parar a súa marcha para poder pasar.
Isto, sempre segundo o BNG de Ordes, agravase en `horas punta', entradas e saídas do colexio, chegando a colapsar a rúa.
Pablo Vidal (BNG). |
As frases de Pablo Vidal, concelleiro do BNG de Ordes
“Debido á pésima xestión e
previsión urbanística que se leva facendo historicamente en Ordes, a día de
hoxe temos numerosas rúas estreitas que non permiten a disposición nas mesmas
dunhas beirarúas anchas, con zonas de aparcamento amplas que permitan unha
circulación cómoda dos vehículos”
“A solución a esta problemática pasaría
por eliminar a zona de estacionamento nunha das beiras. Esta medida non
provocaría prexuízo algún aos residentes e comerciantes da rúa, xa que nas súas inmediacións dispón de amplas
zonas de estacionamento”.