Aula do CEIP de Buscás / Arq. |
O PSOE logra aprobar as súas mocións respecto das escolas unitarias e do mantemento das axudas públicas á escola de música
Silvia Marín: "Hai que destacar a importancia das escolas unitarias para a conciliación da vida laboral e familiar e a dinamización poboacional do eido rural”
O PP pide o desbroce das pistas e estradas de titularidade municipal
O Pleno aproba a proposta do BNG de melloras eléctricas e telefónicas na zona do Ceidón
O pleno ordinario do
Concello de Ordes celebrado onte abriu a súa sesión presentando públicamente a
declaración institucional en apoio aos bombeiros do parque comarcal de Ordes,
gestionado actualmente por Veicar, SL, empresa concesionaria dos sete parques comarcais da Coruña.
Deste xeito, o conxunto de
formacións políticas respaldan a petición de manter o convenio colectivo e que
se respeten as mesmas condicións para todos os traballadores. No texto
reclámanse melloras no eido laboral e salarial e que sexa a Xunta de Galicia, e
non empresas privadas, quen xestione os servizos de salvamento e emerxencia outorgándolle
aos traballadores actuais a condición de funcionario ou persoal laboral fixo.
Nos informes da alcaldía deuse conta do peche
de cinco vertedoiros incontrolados durante o último mes, e do correcto cumprimento
de obxetivos establecidos para o último trimestre en relación co plan de saneamento
económico e financieiro.
Tamén se acordou por
unanimidade na convocatoria de Premios Reina Sofía 2013 de Accesibilidade
Universal de Municipios según a resolución de 4 de abril 2013.
Aula do CEIP Igrexa de Beán. |
Silvia Marín (UxO). |
Escolas unitarias de Buscás e Deán
O PSOE abriu o seu apartado de mocións
reclamando o mantemento das escolas unitarias de Buscás e Beán, tras o anuncio
por parte da Xunta de Galicia de pechalas ao non chegar ao novo ratio esixido
de seis alumnos. Todos eles serán trasladados ao CEIP Castelao “co conseguinte
problema de saturación que esta medida acarreará".
Tamén hai que destacar, continuou Marín, "a
importancia das unitarias para a conciliación da vida laboral e familiar e a
dinamización poboacional do eido rural” según palabras da tenente de alcalde
Silvia Marín.
O voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, criticou “a dobre linguaxe do
PP, que lle fala á xente de que hai que apostar polo rural pero despois lle
quita todos os servizos”.
Pola súa banda o PP xustificou a súa abstención neste punto
argumentando que “con tan poucos alumnos faise inviable o mantemento destes
centros e a posta en marcha de actividades extraescolares, ademais de ser
contraproducente para a integración dos nenos e nenas”. O resto dos grupos
políticos votaron a favor.
Xesús Pedreira (PSOE). |
Escola de música
Os socialistas tamén abriron o debate sobre
as axudas ás escolas municipais de música, que no caso de Ordes non recibirá
ningunha cuantía por parte da Xunta, mentres que a Deputación aportará algo
máis de 2.000 euros fronte os arredor de 10.000 que viña entregando.
“Hai que falar dun descenso de máis dun 60% neste tipo de axudas que non se
aprecia noutros concellos gobernados polo PP, o que suporá un descenso na
calidade do centro”, puntualizou Xesús Pedreira. Un punto ao que o PSOE tamén engadiu que esas axudas “estean ao nivel
doutros concellos”.
Por elo
ínstase á Xunta a manter este tipo de aportacións económicas de xeito lineal
independentemente do grupo que goberne. Neste aspecto engadiuse unha emenda
presentada polo PP, na que se solicita á Deputación da Coruña non só o
mantemento senon o incremento destas axudas, e que no caso de Ordes que se
aproben subvencións futuras de acorde coas súas necesidades.
O BNG encargouse
de precisar algúns dos recortes que esta medida acarreará, como é a eliminación
dos profesores de clarinete e trompeta. Finalmente a solicitude aprobouse por
unanimidade.
Arranxo da N-550
Por outra banda, o PSOE aceptou retirar a súa
proposta para o arranxo da N-550 a petición do Partido Popular, que propuxo
elaborar unha nova declaración institucional apoiada por todos os grupos
municipais e que será dada a coñecer durante a vindeira sesión plenaria, que
terá lugar o vindeiro mes de setembro. Pedreira insiste en que “é urxente que o Ministerio de Fomento acometa unha
renovación do firme e da sinalización horizontal e vertical na N-550, un dos
principais viais de conexión da comarca pero que nalgúns tramos parece unha
corredoira”.
Ramiro Recouso (BNG). |
Aparcamento na rúa Campomaior
O concelleiro do BNG Pablo
Vidal presentou unha moción referente ao problemas de circulación que
se xeran na rúa Campomaior. O BNG propuña a eliminación do estacionamento nunha beira para
facilitar o tránsito rodado.
Por parte
do Goberno Local informouse que actualmente a Policía Local está a realizar un
estudo para aplicar a mellor solución, barallándose a posibilidade de retrinxir
o estacionamento durante algunhas horas
do día. Tanto PSOE como UXO
votaron en contra da proposta fronte aos votos a favor do BNG e as abstencións de PP e CideGa.
O Ceidón
Por unanimidade aprobouse a proposta do BNG de realizar melloras no sistema eléctrico e telefónico da urbanización do Ceidón. Neste punto e dende o Goberno municipal deuse conta da recente xuntanza
mantida entre os veciños e o edil de obras, Roberto González, tras a que se lle
enviaron misivas tanto ás compañías R, Telefónica e Fenosa.
Tamén se precisou
que unha vez que se aprobe o PXOM procederase á renumeración das vivendas
ubicadas nesta área.
Tamén o portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, acusou á tenente de alcalde de Ordes de "falta de talante democrático" por non contestar ás preguntas deste respecto á identificación da empresa adxudicataria da concesión de mantemento de viais públicos e dos desbroces e limpeza de cunetas do concello de Ordes.
José Luis Martínez Sanjurjo (PP). |
Desbroce de pistas e estradas
Pola súa parte, o Partido Popular de Ordes volveu a reclamar que o Concello desbroce a
totalidade das marxes das pistas e estradas de titularidade municipal. De
feito, o Partido Popular continúa recibindo queixas dos veciños que ou ben
critican que numerosos viais continúan sen ser desbrozados, ou cuestionan as
“chapuzas” cometidas en lugares nos que as tarefas de mantemento entullan as
tubaxes e canalizacións de pluviais.
Entre
outras medidas, o grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou que se aproveite
a bonanza climatolóxica do verán para reparar a ponte da estrada que enlaza
Meitufe coa Porta do Nó; que se revisen as farolas que permanecen acesas día e
noite; e que se arranxe o firme do vial asfaltado que comunica A Fraga da
Galiña co Balado, moi deteriorado e que numerosos veciños utilizan con
frecuencia, especialmente para dirixirse ao tanatorio bordeando o núcleo
urbano.
Vertedoiro en Montaos
Os
populares de Ordes tamén instaron ao Concello a eliminar un vertedoiro situado a
carón da pista denominada “Cara a Ponte de Raña”, preto de Fosado (Montaos). No
Lugar das Casillas, reclamou o PP que se corrixan os problemas que presenta a
acumulación de pluviais nunha vía de servizo da N-550.
Tamén
considerou necesario o PP instar ó equipo de Goberno a que se coloque unha
baranda de protección na pasarela situada ao carón da Piscina Municipal, cara a
Rúa do Muiño, para evitar os riscos de caída que presenta actualmente, sobre todo
para os nenos.
Facéndose
eco das queixas veciñais, o PP presentou outro rogo para que os usuarios da
piscina municipal poidan obter o carné de usuario na propia piscina, nun
horario amplo, dado que na actualidade só se pode tramitar nas oficinas de concello
en horario de atención ao público, coas limitacións que isto implica.
Tamén
se interesaron dende o Partido Popular polos problemas suscitados pola
tramitación de autorizacións para a instalación de terrazas en espazos
públicos.
“Como
semella que o Goberno local vive nunha burbulla e non se entera dos problemas
reais, o PP recolle os problemas dos veciños para trasladalos ao Pleno, xa que
a realidade demostra que, en moitas ocasións, o Concello non toma iniciativa
algunha ata que nós denunciamos as carencias”, afirmou Martínez Sanjurjo.
*