En colaboración con Cáritas e o Concello de Ordes
Data límites para as doazóns de bolígrafos, libretas, lápises...: 30 de setembro nos locais de Cruz Vermella, Cáritas ou na Casa do Concello
Cruz Vermella Ordes en
colaboración con Cáritas e co Concello de Ordes inicia hoxe unha campaña de
recollida de material escolar de cara ao vindeiro curso, que irá destinada ás
familias máis necesitadas do municipio.
Todos os que queiran contribuir poderán
depositar o material (bolígrafos, libretas, gomas, lápices, etc), que debe ser
novo, nos centros educativos, librerías, así como nos locais de Cáritas, Cruz
Vermella ou no departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 30 de
setembro.
*