Martínez Sanjurjo: "Farolas acesas durante o día e postes suxeitos con cordóns son exemplos do nulo mantemento que o Concello de
Ordes presta aos veciños"
O Partido Popular de Ordes denunciou hoxe que malia as "reiteradas
demandas" formuladas polo Partido Popular, tanto en Pleno como en Comisión, o
Concello de Ordes "continúa sen asumir o control e o mantemento de servizos
públicos", como o do alumeado, o que xera "malestar veciñal e sobrecustes na
factura municipal".
Como exemplos desta
situación, o Partido Popular denuncia a existencia de farolas que permanecen acesas día e noite, sen que os servizos
municipais as revisen, mentres que hai veciños que se queixan da existencia de
outros puntos de luz que non funcionan pola noite ou presentan una baixa
eficiencia lumínica.
Poste na rúa da Reverencia. |
Poste suxeito cun cordón
A maiores, o Partido Popular
advirte dos riscos de seguridade que implica este "desinterese do Concello", como
acontece na rúa da Reverencia, preto do entronque coa rúa do Recreo, onde un
vehículo colisionou cun poste.
En lugar de substituílo ou revisar a súa suxeición ao terreo sobre o que
se asenta, sempre segundo o PP de Ordes, o poste foi atado cun cordón a unha parede próxima, sen que o
Concello se decida a tomar cartas no asunto, ignorando os evidentes riscos de
derrubamento.
Farola na rúa do Muíño. |
Pistas sen desbrozar
O Partido Popular de
Ordes agrega que “o absoluto desinterese do Concello” abrangue todos os aspectos
da súa competencia, como queda tamén acreditado coa existencia de centos de
quilómetros de pistas que continúan sen desbrozar a día de hoxe, cos riscos que
isto implica, tanto para o mantemento dos viais, a seguridade o tráfico ou a
propagación de incendios na época de máximo risco.
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Cada día que pasa descubrimos unha nova chapuza nun Concello que se dedica a aparentar en lugar de xestionar con seriedade e prestar atención ás verdadeiras necesidades dos veciños”
*