Os días 14, 15, 16 e 17 de agosto coas actuacións das orquestras Panorama e París de Noia, Tania Veiras e Os Viqueiras de Ordes, entre outros
Ordes
celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María os días 14, 15, 16 e 17
de agosto con orquestras, bandas de música, grupos tradicionais, atraccións e postos de toda índole.
Día 14: Panorama
Na
primeira xornada será a orquestra Panorama a encargada de inaugurar estes días
de celebración nunha verbena nocturna na que estará acompañada doutra formación
musical.
Día 15: Santa María
O día 15, día da Santa María, haberá misa ás 12:00 horas, e saída da imaxe da patroa de Ordes en
procesión. A orquestra Miramar animará a sesión vermú e tamén ao longo da noite, onde estará acompañada
pola formación Armonía Show.
Tamén se poderá desfrutar da Banda
de Música de Arzúa así como da música tradicional de Espadana Gaiteiros e dos
simpáticos e bromistas cabezudos.
Día 16: Emigrantes
A xornada do día 16 estará dedicada aos emigrantes. Ás 13:00 horas haberá unha ofrenda floral
no monumento situado nos Parques Municipais, así
coma un acto litúrxico. Nesta xornada a nota musical virá da man da orquestra
Magos de España, quen volverá estar presente ao longo da noite conxuntamente
coa orquestra París de Noia e a artista local Tania Veiras.
Tamén Os Viqueiras de Ordes e a Banda de Música de Ordes.
Día 17: Sábado, fin de festa
O sábado 17, derradeiro día de
celebración, a nota musical virá da man de Bahía Blanca tanto a mediodía como
pola noite. Tamén actuará a charanga Recovio,
ademais doutro grupo aínda por confirmar.
*