viernes, 12 de julio de 2013

Posta a punto para o roteiro do río Mercurín



O Concello continúa co proceso de resinalización e limpieza municipal

O Concello de Ordes continúa co seu proceso de resinalización e limpeza dos roteiros que transcorren pola súa xeografía. Nesta ocasión foi o turno para o roteiro do río Mercurín, un traxecto de arredor de 15 quilómetros que a tenente de alcalde, Silvia Marín, recorreu acompañada dos concelleiros de Deportes, Cultura, Medio Ambiente e Diversidade Funcional. 

Desbrozamento e recollida de lixo
Ao longo do camiño tomáronse nota daqueles puntos que precisaban de ser sinalados novamente, ademais de aproveitar a xornada para facer labores de desbrozamento e recollida de lixo en sacos de plástico. Dende o Concello está previsto que en breve se proceda a intervir sobre un novo roteiro municipal. 

*