Inscricións ata o 30 de agosto, terá lugar do 9 de setembro ao 10 de outubro
A Mancomunidade de
Municipios da Comarca de Ordes convoca un curso de galego de 40 horas de
duración que terá lugar dende o 9 de setembro ata o 10 de outubro.
Concretamente impartirase de luns a xoves de 10:00 a 12:00 horas e está pensado
fundamentalmente para persoas inmigrantes, extranxeiros e aqueles interesados e
aprender ou mellorar a súa expresión oral e escrita en lingua galega.
Celga
Dito
curso está recomendado tamén para a preparación de probas para a obtención do
título oficial Celga, así como para competencias clave no caso dos certificados
de profesionalidade.
Todos os que queiran participar deberán solicitar a súa
praza ata o 30 de agosto nas oficinas da Mancomunidade, ubicadas nos baixos da
Alameda da vila de Ordes.
*