Aberto o prazo para a primeira quenda das escolas de verán
Arredor de 50 rapaces e rapazas de entre 3 e 9
anos participan na primeira quenda das escolas de verán organizadas polo
Concello de Ordes. Tanto o local social municipal como o polideportivo
Campomaior son os lugares onde se desenvolven as actividades.
Obradoiros creativos e literarios, xogos en equipo
e incluso a posibilidade de dar unha volta arredor do mundo facendo escala en
cada continente son algunhas das actividades que lles agardan aos asistentes.
*