martes, 2 de julio de 2013

Manuel Regos clausurou o III Campus de Atletismo de Ordes


Participaron máis dun cento de novos atletas, dende categoría infantil a veteráns 

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado polos concelleiros de Deportes de Ordes e Cerceda, Roberto Iglesias e Sanchís, respectivamente, clausurou este pasado domino o III Campus de Atletismo Concello de Ordes coa entrega de medallas e trofeos aos participantes. 

Nesta ocasión contouse coa participación de preto dun cento atletas dende a categoría infantil a veteráns. 

Carreiras de velocidade, nas que se incluíron circuítos con e sen obstáculos, xogos multiatléticos, probas de xavelina, disco, martelo, peso, saltos de lonxitude e altura, carreiras de resistencia e de relevos, ou probas de multilanzamento, foron algunhas das modalidades que se practicaron nestes últimos tres días.

Cadro técnico
O cadro técnico para este ano estivo encabezado por José Domínguez, adestrador nacional de atletismo e licenciado en Educación Física, do clube de atletismo A Silva; Sandra Don, Julio Santiago Freijanes, Ana Domínguez, Irene Mallo ou Marín Liste, recente campión nacional de lanzamento de disco.  

     
*