martes, 9 de julio de 2013

A feira de cans de caza do Mesón amosará máis de 3.000 animais

Terá lugar no recinto feiral o vindeiro 28 de xullo

Inscricións ata o 26 de xullo

O próximo domingo 28 de xullo o recinto feiral de Mesón do Vento volverá a acoller unha nova edición da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello de Ordes. Unha cita que xa conta no seu haber con 21 edicións e que cada ano incrementa o número de participantes, visitantes e animais expostos. Os interesados en participar poderán inscribirse ata 26 de xullo.

Este ano calcúlanse que haberá arredor de 3.000 animais expostos, empregados tanto para a modalidade de caza maior e menor. Un xurado formado por varios expertos escollerá ós mellores exemplares de cada raza.

*