viernes, 5 de julio de 2013

Aberto o prazo da concesión da cafetería no IES nº 1 de Ordes

Exterior do IES nº 1 de Ordes.
O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 18 de xullo ás 13:30 horas

O IES nº 1 de Ordes ven de facer pública a apertura de prazo de cara á contratación do servizo de xestión e explotación de cafetería do centro de ensino.

O prazo para entregar ofertas comezou onte e rematará ata as 13:30 horas do día 18 de xullo. O lugar de entrega das ofertas é a Secretaría do IES Nº 1 de Ordes.

Máis información sobre as condicións na Secretaría do IES Nº 1 de Ordes, en horario de 09:30 a 13:30 horas.

*