miércoles, 24 de julio de 2013

Chega Augalingua á piscina de Ordes: unha divertida xincana lingüística

Piscina municipal do Muíño, no Campo da feira da vila de Ordes / Arq.


Terá lugar o martes 30 de xullo e está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos

A piscina municipal de O Muíño acollerá o vindeiro martes 30 de xullo a actividade Augalingua, dirixida aos cativos de 6 a 12 anos. Aqueles nenos e nenas que ese día acudan á piscina municipal terán a oportunidade de ser os verdadeiros protagonistas dunha divertida xincana lingüística

Os participantes deberán superar unha serie de probas de habilidade ou rapidez para conseguir o maior número de letras e construír unha palabra o máis longa posible. 

Esta iniciativa está integrada na edición 2013 do programa de fomento do uso do galego posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

*