O
Concello de Ordes continúa amosando uns resultados positivos e ascendentes en
materia de reciclaxe
O
Concello de Ordes informou hoxe de que continúa amosando uns resultados positivos e ascendentes en
materia de reciclaxe, avalándose así o seu bo facer en materia de
concienciación e planificación.
Deste
xeito, hai que falar de preto de 215 toneladas de vidro reciclado ao longo de
todo o pasado ano. No que vai de 2013, hai que sinalar que xa se teñen
recollidas arredor de 80 toneladas ao longo de todo o territorio municipal.
Unhas cifras que veñen a demostrar que veciños e veciñas teñen ben adquirido o
hábito de empregar debidamente o contedor verde. Neste intre o municipio conta
cun total de 100 espallados tanto pola vila como polas parroquias, número que
se incrementa cada ano.
Papel e cartón
Por
outra banda, tamén hai que sinalar as cifras referentes a papel e cartón, dos
cales se aproveitaron algo máis de 73 toneladas ao longo do pasado ano. No que vai de 2013, hai que falar de xa de
arredor de 33 toneladas.
Ao igual que no caso do vidro, os contedores de papel
e cartón aumentan cada ano o seu número contabilizándose actualmente 39 fronte
aos 35 do ano pasado.
*