sábado, 13 de julio de 2013

O PSOE de Ordes ponse a "total disposición" dos bombeiros no seu conflicto laboral coa empresa


Xesús Pedreira presentará unha iniciativa solicitando o apoio da Corporación municipal ás "xustas demandas" dos bombeiros

Membros da Agrupación Socialista de Ordes reuníronse na tarde de onte cos bombeiros de Ordes para poñerse á súa "total disposición" no conflito que manteñen con Veicar SL, empresa concesionaria dos sete parques comarcais da Coruña. 

De feito, os socialistas ordenses presentarán unha iniciativa na vindeira sesión plenaria, prevista para o 23 de xullo, na que pedirán o apoio de todos os grupos municipais ás "xustas demandas" dos bombeiros de Ordes. 

Duros recortes
Segundo informan dende o PSOE de Ordes, os bombeiros de Ordes, así como os seus compañeiros nos outros seis parques que controla Veicar SL (Arzúa, Arteixo, Betanzos, Boiro, Carballo e Ribeira), están a sufrir un duro recorte nos seus dereitos laborais debido a que o convenio colectivo polo que se rexían deixou de ter vixencia polo que, de acordo coa Reforma Laboral aprobada polo Goberno Rajoy, só están amparados polo Estatuto dos Traballadores. 

Iso supón unha importante baixada nas súas nóminas (de ata o 25%), a perda de pluses como o transporte ou a imposición de novos horarios móbiles e a criterio da empresa que dificultarán a conciliación familiar destes profesionais.

Deterioro das condicións laborais
O voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, explica que “ademais do deterioro das condicións laborais que se lles está a impoñer, tamén hai que ter en conta os problemas que se rexistran en materia de formación, o que é especialmente grave”.

*