sábado, 6 de julio de 2013

Ramiro Recouso acusa a Regos de "isolar" a Ordes

O BNG de Ordes esíxelle ao alcalde que Ordes participe no protocolo 'Area de Santiago' e nos consorcios de transporte de Santiago e A Coruña 

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso Liste, denunciou onte que no pasado mes de maio, Santiago de Compostela xunto con outro dezaoito municipios do seu entorno asinaron un protocolo, denominado 'Area de Santiago', co obxecto de potenciar os seu atractivos, sen que Ordes forme parte do mesmo.

O BNG ordense lembra tamén que durante o pleno municipal do mes de maio xa solicitara do Concello que fixera as "xestións pertinentes" para o seu ingreso nese grupo de traballo. A resposta do Goberno municipal foi "desalentadora" para os nacionalistas: “estámolo estudando”, denuncian que respostou o alcalde, Manuel Regos

Ramiro Recouso (BNG).
Consorcios de transporte 
Ramiro Recouso tamén cuestionou que Regos "non tivera feito nada" para que o Concello de Ordes forme parte dos consorcios de transporte das areas metropolitanas de Santiago de Compostela e da Coruña.


Así, o BNG de Ordes, insta a Manuel Regos a que poña "máis interese" en promocionar o concello e resolver os problemas de transporte "en vez de apurarse en colocar a familiares dos seus concelleiro en empresas municipais".  

*