jueves, 25 de julio de 2013

Ordes, coas víctimas e familiares do tráxico accidente de Santiago

O Concello de Ordes ofrece todo o apoio moral e de medios que foran necesarios para as víctimas, feridos e os seus familiares e amigos

Ante o tráxico accidente ferroviario ocurrido onte en Santiago de Compostela, o Concello de Ordes ven de remitir o seguinte comunicado:


O alcalde de Ordes, os membros da corporación municipal e os veciños e veciñas de Ordes queren expresar o seu máis sentido pésame ós familiares das víctimas rexistradas no accidente ferroviario acontecido onte nas inmediacións de Santiago de Compostela. 

Asimesmo tamén se pon de manifesto o total apoio ás persoas feridas e ós seus achegados, poñendo a súa disposición todos os medios materiais e humanos que o Concello de Ordes lles poida brindar para facer máis levadeiro esta amarga situación, desexándolles unha pronta e completa recuperación.

O Concello de Ordes fai extensible este apoio moral e de medios tanto ao veciño concello de Santiago de Compostela como a todos aqueles municipios que rexistren víctimas mortais ou feridos. A cada un deles quere facerlle saber a súa plena disponibilidade para contribuir en todo o que se precise.

*