Aula do CEIP Igrexa, en Beán. |
Os pais e nais das parroquias afectadas organizan unha recollida de sinaturas para que os centros de ensino non pechen
A Consellería de Educación establece en seis o número mínimo de alumnos por escola
O Partido Socialista de Ordes esixiu hoxe que non se
pechen as escolas unitarias de Beán e Buscás, que considera como unha parte
fundamental para a dinamización do medio rural. Dúas escolas que están en risco
de peche segundo manifestan os despois de que a Consellería de Educación decidise aumentar a ratio
mínima de alumnos matriculados por centro.
Diante desta situación, os pais e nais das
parroquias afectadas organizaron unha recollida de sinaturas para o mantemento das
unitarias, que presentaron no Concello de Ordes para que as entregue na
Xefatura Territorial de Educación na Coruña.
Moción do pleno
O PSOE de Ordes xa lles manifestou
todo o seu apoio aos pais e nais afectados por esta "inxusta medida" e
comprometeuse a presentar na próxima sesión plenaria do 23 de xullo unha moción
en defensa do mantemento das escolas unitarias de Buscás e de Beán, “na que
agardamos contar co apoio de todos os grupos municipais diante do recorte que
está a facer o Goberno do PP en servizos básicos como a educación”, segundo apunta o seu voceiro, Xesús Pedreira.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral do PSOE de Ordes
“A escola unitaria de Uzás, en Buscás, conta para o curso 2013-2014 con cinco alumnos matriculados, que era o mínimo esixido pola Consellería de Educación para manter aberta unha escola unitaria"
"Agora atopámonos con que a Xunta di que o mínimo son seis rapaces e pon en dúbida a continuidade da unitaria”.
"No caso de Buscás, é especialmente grave xa que non só se cumpre a ratio mínima, senón que se conta xa co compromiso de tres novos alumnos para o curso 2014-2015"
*