martes, 2 de julio de 2013

A biblioteca de Ordes comezou hoxe o seu obradoiro de igualdade


'Contiños para compartir' convocou a máis dunha vintena de novos lectores

Esta mañá, a biblioteca municipal de Ordes acolleu a primeira das citas do seu obradoiro ‘Contiños para compartir’

Nela algo máis dunha vintena de nenos e nenas participaron nesta iniciativa onde, de maneira lúdica, se traballan os valores relacionados coa igualdade así como a súa capacidade creativa


Hábito da lectura
Ao longo das xornadas nas que se desenvolva este programa tamén se lles mostra a importancia que ten o hábito da lectura.

‘Contiños para compartir’ é un traballo conxunto entre o Fondo Social Europeo, o CIM da Mancomunidade de Ordes, a Xunta de Galicia e o Concello de Ordes.

*