Aspecto actual da rúa do Ceidón. |
Os nacionalistas demandarán do Goberno Municipal xestións ante Gas Natural-Fenosa e as compañías telefónicas
O Grupo Municipal do BNG
de Ordes, vai levar ao Pleno da Corporación, unha proposta para solucionar os
problemas de suministro eléctrico e de telefonía que sufre a urbanización do Ceidón.
O portavoz do BNG de Ordes, Ramiro
Recouso, lembrou hoxe que “despois de varios anos nos que os veciños da urbanización
do Ceidón tiveron que acceder ás suas vivendas por un camiño de terra que se
enchía de lama e se convertía nunha piscina no tempo de inverno, ademais de non
ter saneamento publico, tivo que ser unha iniciativa do BNG a que conseguira
que no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial 2012 se acometeran
obras de urbanización desta rúa.”
Agora os habitantes desta urbanizacións
enfróntanse a problemas como “a falta de potencia no suministro eléctrico, que
impide o uso de varios electrodomésticos ao mesmo tempo, ou que non poidan
utilizar algún, como a cociña vitrocerámica.
Tamén teñen problemas coa
telefonía “a falta de tendido telefónico non permite unha conexión a Internet
áxil e eficaz. Negándose as compañías a realizar a instalación por motivos de
rendibilidade económica.
Alumeado e numeración "racional"
Ademais, sinala Ramiro
Recouso, “os veciños e veciñas reclaman mais alumeado público e unha numeración racional
das vivendas, xa que o Concello está numerando as mesmas correlativamente por
orden de petición, na vez de poñer os pares dun lado e os impares de outro”
O BNG demandará
do Goberno Municipal, xestións ante Gas Natural-Fenosa e as compañías telefónicas
para que solucionen os problemas que lle ocasionan aos habitantes desta rúa.
Ademais solicitará a colocación de mais farois de alumeado público e a
numeración racional das vivendas.
*