Os socialistas denuncian o mal estado da zona do IES Maruxa Mallo e a piscina municipal
Xesús Pedreira: "A rúa Coruña conta cun tramo de pouco máis de 30 metros cheo de fochancas"
O PSOE de Ordes ven de informar que pediralle ao Concello de Ordes varias
melloras na rúa Coruña, á
entrada da Vila de Ordes, entre a N-550 nas Casillas e a zona onde están
situados o IES Maruxa Mallo e a piscina municipal.
Os socialistas pediranlle ao
alcalde de Ordes que acometa o aglomerado de parte da rúa Coruña con cargo ao
Plan de Obras e Servizos (POS).
A maiores, os socialistas ordenses instarán ao Concello de Ordes a acadar un acordo con Gas Natural Fenosa para retirar o poste situado no cruce da rúa Coruña co vial de acceso ao instituto.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
“Estamos falando dunha rúa bastante transitada,
que dispón de aglomerado en gran parte do seu traxecto pero que conta cun tramo
de pouco máis de 30 metros nos que está cheo de fochancas”
“É un
risco ter aló situado este poste eléctrico pois está nunha zona onde pode provocar algún
accidente, polo que o mellor é retiralo en canto sexa posible”
*