lunes, 22 de julio de 2013

Leira, o mellor escenario para o XXI Encontro de Grupos de Danza Rexional


Momento do encontro folclórico de Leira.


Previo ao acto tivo lugar un gran xantar popular

A parroquia ordense de Leira acolleu esta fin de semana o XXI Encontro de Grupos de Danza Rexional. Na cita centos de veciños e veciñas e visitantes desfrutaron das actuacións do Grupo de Danza A.C. Veciños de Leira, da A.C.D. Airiños da Lanzada, da S.C. Airiños dos Carrís e do coro Dorna

Previo a este acto tivo lugar un gran xantar popular a base de churrasco e viño do país.

Para pechar a cita, os concelleiros Luís Gómez, Ramón Vázquez e Lucía Iglesias entregaron unha placa conmemorativa a cada un dos grupos que pasaron polo escenario.

*