miércoles, 6 de marzo de 2013

Operación Ordes: Na procura do talento musical

Alumnos do IES nº 1 e Maruxa Mallo, esta mañá na presentación de Operación Ordes
A gala final terá lugar o vindeiro 31 de maio na discoteca LP 45

Un grupo de alumnos dos IES Nº1 e Maruxa Mallo de Ordes presentaron hoxe o concurso de talentos musicais Operación Ordes.

Organizado polos  equipos de normalización lingüística e as direccións de ambos centros académicos, Operación Ordes vai dirixido a aqueles rapaces e rapazas que cursan os seus estudos nalgún centro de esino dentro da circunscrición do IES Nº 1. 

Concretamente para os que van dende 6º de primaria ata 2º de bacharelato, así como os matriculados en ciclos formativos ESA ou PCP

Inscricións
Os interesados en participara deben cumplimentar ata o 21 de marzo como data límite unha folla de inscrición que poderán conseguir no seu centro de ensino ou ben a través do enlace www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1ordes.

*