Aspecto exterior dos baixos da Alameda pola súa entrada sur, xunto ao hotel Nogallás. |
Martínez Sanjurjo: "O edificio presenta gretas e filtracións de auga que o Concello é incapaz de
corrixir debido a incorrecta planificación e execución das obras"
Transcorridos
pouco mais de tres anos desde que o Concello de Ordes executou as obras de
ampliación da Alameda, o PP de Ordes denunciou hoxe que a edificación resultante presenta un "lamentable estado de
conservación, con gretas e filtracións de auga en toda a estructura".
Humidade no interior do edificio. |
Interior e exterior
Os
desperfectos, aseguran os populares, "poden apreciarse a simple vista", tanto no interior como no exterior da propia estructura, "sen que o Concello de Ordes teña sido capaz de corrixir estes problemas".
Técnicos
consultados polo Partido Popular de Ordes conclúen que estes problemas teñen a
súa orixe nunha "deficiente execución das obras", feito que segundo o PP local, dificulta a solución
destas carencias.
Humidades nos vanos. |
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
"Malia as reiteradas peticións de explicacións cursadas polo Grupo Municipal do
Partido Popular, o Concello sempre evitou ofrecer explicacións sobre o sucedido, dadas as
carencias que caracterizaron tanto a execución da obras, como a dirección da
mesma e o control de calidade dos traballos"
“O paso do
tempo acabou dándolle razón ao Partido Popular: A ampliación da Alameda nin era
necesaria nin foi executada correctamente"
"O único certo é que o Concello de
Ordes gastou máis de un millón de euros nunha obra chapuceira, que ninguén
demandaba e que agora desborda humidade por múltiples puntos”
*