A canalización que arroxa os verquidos ao campo de xogo provén das cociñas do colexio Castelao. |
Restos de comida e líquidos aparecen periódicamente nunha zona de xogo dos nenos
Pedreira: "Imos esixirlle ao Concello que arranxe esa canalización para que os nenos non teñan que xogar entre desperdicios”
O Partido Socialista de Ordes denuncia os
verquidos periódicos que teñen lugar nunha zona onde xogan os alumnos e alumnas
do CEIP Castelao e que proveñen dun desaugadoiro procedente da instalación
escolar.
Unha situación que foi denunciada diante do Partido Socialista de
Ordes por pais e nais do colexio Castelao, que observaron que os verquidos se
producen de xeito periódico.
Os socialistas ordenses anunciaron que porán esta cuestión en coñecemento tanto da Consellería de Educación como de Sanidade, para que se tomen as medidas oportunas para que non se volvan producir máis verquidos.
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista
“Nunha das zonas onde xogan os cativos aparecen periodicamente
restos de comida e líquidos que xorden dun cano procedente do CEIP Castelao,
supoñemos que das cociñas, o cal pode supoñer un risco importante para a saúde
nos rapaces”
“Os verquidos prodúcense de xeito periódico
e, aínda que adoitan limparse, imos esixirlle ao Concello de Ordes que arranxe
esa canalización para que os nenos non teñan que xogar entre desperdicios”.
“Coa salubridade dos
nosos pequenos non se pode xogar, e menos nun centro escolar”
“Imos instar ao Concello de Ordes a que elimine esa canalización de
inmediato e que así llo comunique á Consellería de Educación"
*