Pablo
Vidal, responsable local do BNG de Ordes, denunciou onte o gasto de 7.300 euros en
cada unha das farolas da rúa dos Lagartos e da rúa Nova, unha cantidade “absolutamente escandalosa”, segundo
o nacionalista.
Vidal
sinalou que no ano 2008 o alcalde de Ordes destinou 231.000 euros a cambiar 53
farolas de varias rúas do centro da vila de Ordes, entre as que se atopaban as
farolas da rúa dos Lagartos e Nova, o que supuxo un gasto de 4.358 euros
por farola.
Recentemente o alcalde ten anunciado a renovación de novo das
farolas de varias rúas do centro da vila, cun investimento de 119.000 euros
para renovar 40 farolas, o que supón un gasto de case 3.000 euros por farola.
Nesta actuación volven a incluirse de novo as farolas da rúa Nova e da rúa dos Lagartos, que xa foran renovadas no ano 2008.
Pablo Vidal (BNG) |
As frases de Pablo Vidal, responsable local do BNG de Ordes
“Gastar 3.000 ou 4.000 euros en cada farola é absolutamente desproporcionado, pero ao incluir a substitución de novo das farolas da rúa Nova e dos Lagartos, que xa foran instaladas no ano 2008, provoca que xa se levan gastado máis de 7.300 euros en cada unha destas farolas, o que é un auténtico escándalo”

“O gasto de 7.300 euros nos últimos anos en
cada farola destas rúas é un escándalo que ven a demostrar, unha vez máis, que
a xestión do diñeiro público por parte do alcalde de Ordes é máis que
sospeitosa”
*