martes, 12 de marzo de 2013

O CEIP Castelao resposta ao PSOE de Ordes afirmando que o cano é de augas pluviais

Imaxe da canalización denunciada polo PSdG-PSOE. 

O equipo directivo do centro escolar asegura que "non existe ningunha canalización da cociña ao exterior"

Afirman que "o feito foi totalmente accidental e puntual" 

Con motivo da denuncia feita pública polo PSdG-PSOE de Ordes o pasado 8 de marzo respecto de presuntos verquidos das cociñas do CEIP Castelao a un área de xogos da escola, o equipo directivo do centro escolar fixo público hoxe un comunicado polo que se afirma que "a canalización á que se fai referencia é de augas pluviais".

Canalización
En consecuencia, afirman, "non existe no centro ningunha canalización procedente da cociña ao exterior, polo que non se pode falar en ningún caso de verquidos".

Tamén aseguran que "o feito en cuestión foi totalmente accidental e puntual", e que "nunca tivera lugar", polo que "non se pode falar tampouco de periodicidade".

*