Estado do aparcadoiro de abaixo do CEIP Campomaior de Ordes esta mañá. |
As fortes chuvias deste días inundaron o aparcamento de abaixo do CEIP Campomaior, obrigando aos seus usuarios, alumnos e peóns en xeral, a atravesar o lugar a saltos.
Segundo declaracións de algúns pais e nais de alumnos do centro, o Concello "está arranxando a zona, pero aída non remataron". Sospeitan que as inundacións sufridas débense a estas operacións.
Pedras e terra
Do mesmo xeito, aseguran que "fai como tres semanas botáronlle pedras e terra", o que segundo estes, "acabouno de estropear todavía máis".
*