As clases terán continuidade os días 15 e 16 de marzo e a primeira fin de semana de abril en Vista Alegre. |
Máis de 45 asistentes asistirán ás clases que imparte, entre outros, José Samade, entrenador de porteiros do Deportivo
Máis de 45 asistentes participan dende onte no
curso de técnicos especialistas en porteiros de fútbol. Un plan formativo
teórico e práctico que se está a desenvolver na aula de formación e nos campos
de xogo da cidade deportiva da Sociedade Deportiva Club Órdenes.
As clases
terán continuidade ao longo dos días 15 e 16 de marzo e a primeira fin de
semana de abril. Impartido pola Escola Galega de Entrenadores de Fútbol, na
súa inauguración contou coa presenza do alcalde, Manuel Regos, e José García Liñares, presidente da
Federación Galega de Fútbol.
Obxectivos
Entre
os obxetivos que persegue este curso están os de dotar de coñecementos
efectivos a profesionais e técnicos de fútbol para aplicalos tanto na formación
e adestramento como na competición.
Tamén se pretenden poñer en práctica as
mellores técnicas e estratexias que integren a labor dos porteiros coa do resto
dos xogadores e lograr así unha maior coexión entre todos os membros dun mesmo
equipo.
O curso conta coa participación entre outros de José
Samade e Roberto Baleiro, adestradores de porteiros do Real Club Deportivo de
La Coruña e do Club Deportivo Lugo, respectivamente.
*