Membros de Cruz Vermella de Ordes, onte na Alameda do Soldado Lois. |
Membros da
Asamblea de Cruz Vermella Ordes desenvolveron onte na Alameda de Ordes unha
actividade de concienciación de cara aos veciños e veciñas co gallo do Día da muller traballadora que tivo lugar o pasado día 8.
A actividade estivo orientada a divulgar os logros acadados por mulleres en beneficio da humanidade. |
Logros
En total foron máis de setenta os membros que se animaron a participar plasmando en pequenos anacos de papel,
recortados como se de prendas de roupa se tratase, os logros que conseguiron as mulleres ao longo da historia e
os que aínda quedan por conseguir.
*