viernes, 8 de marzo de 2013

A Xunta Local de Seguridade de Ordes reuniuse para avaliar a violencia de xénero

Os membros da Xunta reunidos esta mañá en Ordes.

A Mancomunidade de Ordes xa foi distinguida pola Xunta de Galicia cunha mención especial nos premios Coopera Galicia Entidade Locais 2012

Coincidindo co Día Internacional das Mulleres, o Concello de Ordes celebrou esta mañá a sesión ordinaria da Xunta Local de Seguridade. Unha xuntanza na que se abordou a problemática e aspectos relacionados coa violencia de xénero

Entre os asistentes que coñeceron de primeira man o plan integral de actuación en materia de violencia de xénero figuraron o alcalde de Ordes, a tenente alcalde de Ordes, o xefe da Policía Local de Ordes, a directora do CIM da Mancomunidade de Ordes, o comandante do posto da Garda Civil de Ordes, o sarxento xefe do parque comarcal do bombeiros de Ordes, a vicesecretaria da Delegación do Goberno, a xefa da Unidade de Víctimas da Violencia de Xénero e o inspector xefe da Policía Autonómica.

Sistema de intervención integral
Concretamente o groso da posta en común versou arredor do sistema de intervención integral contra a violencia de xénero na comarca. Un proxecto que incide e traballa tanto nas áreas de sensibilización, formación, prevención, detección e coordinación á hora de abordar os casos deste tipo de delitos.

Precisamente a Xunta de Galicia concedeulle á Mancomunidade de Ordes unha mención especial por este proxecto para distinguilo entre as iniciativas de fomento do  asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos,  mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

*