viernes, 1 de marzo de 2013

Pablo Vidal pedirá "explicacións" a Manuel Regos dos gastos electorais de UxO

O responsable nacionalista anuncia medidas logo de que Unión por Ordes non presentara os gastos do partido ao Tribunal de Contas

O responsable local do BNG de Ordes, Pablo Vidal Ríos, anunciou hoxe que o BNG pedirá "explicacións" ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, no próximo pleno sobre a ocultación de datos relativos á financiación da campaña electoral de Unión por Ordes (UxO).

Vidal realizou estas acusacións despois de qué o Tribunal de Contas fixese público que UxO non cumpriu coa obriga de presentar os gastos do seu partido na campaña das elecións municipais de maio do 2011.

Vidal acusou ao alcalde de "esconder os gastos do seu partido nas pasadas elecións municipais para evitar que o Tribunal de Contas poida investigar a financiación máis que sospeitosa da campaña electoral de UxO nos pasados comicios locais".

Pablo Vidal Ríos (BNG).
As frases de Pablo Vidal Ríos, responsable local do BNG de Ordes
"Desde o BNG sospeitamos que a campaña electoral de despilfarro de Manuel Regos poderían estar pagandoa os propios veciños de Ordes debido á xestión máis que sospeitosa do alcalde" 

"En Ordes instalouse unha forma de actuar despótica e clientelar que debe rematar dunha vez por todas, polo que desde o BNG estudaremos as accións xudiciais que correspondan para que se investigue o uso dado ao diñeiro público por parte do alcalde e do seu Goberno"

*