Manuel Viqueira: "O custe desta labor para as arcas municipais é completamente nulo"
Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe Juanjo
Liñares asinou recentemente un convenio de colaboración co presidente da Federación
Española de Agrupacións de Folclore (FEAF), Pedro Asuar Ortíz, polo que se dixitalizará todo o legado
documental doado polo coreógrafo e bailarín ordés.
Trátase dun abundante número
de grabacións sonoras, cintas de vídeo e documentos manuscritos que Juanjo
Liñares foi recopilando ao longo da súa vida profesional e que na actualidade pertencen á fundación
que leva o seu nome.
Nelas aparecen danzas populares, composicións musicais orixinarias
“e sospeitamos que moito máis do que nos cremos xa que Juanjo chegou a recorrer
miles de quilómetros e visitar centenares de pobos e vilas durante gran parte da
súa vida para obter todo este material”, destaca Viqueira.
Unha
vez que toda a documentación esté dixitalizada, labor que se espera esté rematada
nun prazo máximo de catro anos, todo o material orixinal coas correspondentes
copias dixitais será depositadas novamente no Museo do Traxe. Pero non será o
único espazo onde se poderán visualizar, escoitar ou consultar xa que outra
copia irá para a Biblioteca Nacional de Madrid.
As frases de Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe Juanjo Liñares
“Vemos cumplido un dos principais
obxetivos que nos tiñamos marcados e que ata o de agora non poidemos levar a
cabo por unha cuestión económica e de falta de medios"
"O custe desta labor para
as arcas municipais é completamente nulo, polo que estamos realmente
satisfeitos e podemos decir que o medo que tiñamos a perder todo isto xa nos
desapareceu”
*