viernes, 1 de marzo de 2013

Manuel Regos: "A mellor arma combativa contra as drogas é a información"


O Concello e unha ONG 'contrapesarán' cun acto antidrogas unha festa de música electrónica en LP 45 

Ordes apoia e impulsa as noites de ocio e diversión, pero sempre sen adicións 

A Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO) instalará, en colaboración co Concello de Ordes, unha carpa no Campo da Feira coincidindo cunha das festas máis esperadas da tempada que atraerá a milleiros de festeiros esta fin de semana, o Ibiza Winter White Festival, organizada pola discoteca LP 45. 

O horario de atención ao público irá dende as 23:30 horas do 2 de marzo ata as 05:00 horas do día 3.

Entre os servizos que se ofrecerán esta fin de semana na vila de Ordes figuran probas de alcoholemia,  información sobre os riscos que conleva o consumo de sustancias e os seus adulterantes máis comúns, facilitación de dípticos informativos e preservativos, análises colorimétricos, así como a resolución de dúbidas e a atención das demandas que se presenten.

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes 
“A prevención no consumo de drogas é moi importante, sobre todo entre a xente máis nova"

"É un risco ao que está exposto todo o mundo e a mellor arma combativa é a información"

"Brindamos todo o noso apoio a iniciativas como esta que, ademais, desenvolverase nun espazo en un momento concreto onde os se esperan milleiros de mozos e mozas que serán unha vez máis os auténticos protagonistas dunha noite de ocio e diversión

*